Proba de expresión oral da terceira avaliación.

Partindo dunha fotografía antiga da túa familia (anterior a 1970), céntrate en dous aspectos:

  • describe o lugar e as persoas da fotografía empregando léxico do corpo, a roupa, os animais, os transportes, o noso medio, os deportes...
  • conta algunha historia das persoas que alí aparecen: como foi a súa vida a partir do momento en que se sacou a fotografía, a que se dedicaron, onde viviron...

Podes incluír un audio ou vídeo no que manteñas unha conversa con algunha das persoas que están nesa fotografía ou que coñeceron as persoas que alí aparecen.

Duración da exposición: 

  • 2 minutos (se só intervés ti)
  • 3 minutos e medio (se conversas con outra persoa).